xoves, 27 de decembro de 2012



MAXIA NO CEIP RECIMIL

Esperamos que disfrutárades da actuacción de maxia da tarde do venres 21.  E gracias aos valientes rapaces, pais e nais que subiron ao escenario!!!  Ahí tedes unha fotiño do mago Benxamín.





E xa a piques de rematar o ano,  dende esta ANPA desexámosvos a todas as familias do CEIP RECIMIL unhas BOAS FESTAS de NADAL  e que no 2013 se vos cumplan todos os vosos desexos!!



xoves, 20 de decembro de 2012

                   CALENDARIOS 2013                    

Esta foi a circular do martes 18 de decembro para os que non vos chegou, ou non a atopades, ou non vola deron os fillos/as ou ....


SORPRESAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA!!!!!

Ola, moi boas. Estamos rematando este ano, e dende a ANPA, se nos ocurríu que para comezar o próximo, podería ser unha boa idea esto que agora tedes entre as vosas máns:
o calendario 2013 do noso cole.
Chulo, non?  Ocurre que.... non é gratis, mecachis! O seu prezo é de 5 € por unidade. Pode ocurrir:
1. Que o queirades: entón, pasade por Secretaría e pagádelle a Tati o seu valor.
2. Que non o queirades: entón, por favor, devolvédeo por medio d@s vos@s fill@s no mesmo sobre no que se vos envía, e que llo entreguen ós seus titores.
Procurade pagalo ou devolvelo antes do inicio das vacacións.
Ah! O que se recaude, servirá para poder facer máis actividades na xornada de convivencia de fin de curso, organizada polo Centro e dirixida a todol@s  alumn@s.
Moitas grazas pola vosa atención.


Dende a ANPA gustaríanos insistir na finalidade que han de ter eses 5 euros, que seguro que a moitos/as vos costa pagar, e que non é outra cousa que adicarllos a algunha actividade especial nesa xornada de convivencia que tanto o centro como a Anpa temos moitas gañas de facer. 

MOITAS GRACIAS  a todos e todas os que estades a colaborar e esperamos que teñades presente cada día ese calendario o longo do vindeiro ano 2013. Se ademáis queredes mercar algún calendario máis como agasallo para os avós, tíos e demáis, reservadeo ou ben en Secretaría ou a calqueira de nós. 

NOTA: Os que non querades o calendario non vos esquenzades de devolverllo aos titores dos vosos fillos ou na Anpa,  para beneficio de todo o colexio co recaudado

Vémonos o venres no festival!!



martes, 18 de decembro de 2012

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS  PARA O CONSELLO ESCOLAR

           NORABOA  ESTEFANÍA E TERESA !!!!

Como sabedes o 27 de novembro renovouse parcialmente a constitución do consello escolar do noso centro. Entre os  representantes de nais e pais tocaba renovar 2 prazas, e como resultado das votacións do 27 de novembro saíron elexidas:

Estefanía Doce Fernández
Mª Teresa Uriz Castelo

Xúntanse así aos outros 2 representantes de nais e pais, Patricia González Piñón e José Manuel Rodríguez García,  ademáis da representante da ANPA, Carmen Fernández Valdivieso.

Posteriormente o 12 de decembro quedou constituído o Consello Escolar no que ademáis destes 5 representantes nosos, forman parte:
A directora, a xefa de estudos, o secretario, 5 profesores, 1 representante da Administración e Sevicios e 1 representante do Concello.


GRACIAS a todos os participantes neste proceso,  a tódolos candidatos/as, votantes,  así como aos que estiveron na Mesa Electoral.




martes, 11 de decembro de 2012

STOP LEY WERT
Interesante entrevista co pedagogo FRANCESCO TONUCCI 






O colectivo CIUDADAN@S POR LA EDUCACIÓN PÚBLICA, do que xa temos falado neste blogue, está a recoller firmas contra a LOMCE. Preme aquí abaixo para deixar a túa.

FIRMA CONTRA A LEY WERT



     NON AOS RECORTES, NON A LOMCE
                   CONCENTRACIÓN 
     XOVES 13 DECEMBRO ÁS 19:00