xoves, 31 de maio de 2012


MANIFESTACIÓN DOMINGO 3 DE XUÑO EN SANTIAGO 


A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público  fai un chamamento a participar na manifestación do 3 de xuño en Santiago en defensa dos servizos públicos

Representantes da Plataforma animaron en rolda de prensa a “facer forza desde a rúa para frear os recortes no ensino público”

Representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fixeron hoxe, en rolda de prensa, un chamamento á sociedade para que asista de xeito masivo á manifestación que se celebrará o próximo 3 de xuño, en Santiago de Compostela, con saída ás 12.00 h. da Alameda, e que confluirá coa convocada en defensa da sanidade pública. No nome da Plataforma, Xoán Costa, valorou positivamente a participación nas mobilizacións realizadas ata o momento para demandar que a Consellaría de Educación non aplique máis recortes no ensino público e que recorra o RD Lei 14/2012 por invadir as competencias educativas da Xunta de Galiza.
 “Fai falta facer forza desde a rúa ante os recortes que nos queren aplicar”, advertiu Xoán Costa, ao tempo que insistiu na importancia de que a xente se sume á próxima convocatoria de mobilizacións, realizada pola  Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público para o próximo día 3 de xuño. Costa tamén fixo un repaso pola diferentes accións promovidas con éxito pola Plataforma, entre elas a campaña de peches rotativos en centros educativos que se desenvolve desde 14 de maio ao 1 de xullo en 14 centros educativos do país e nos que xa participaron máis de mil persoas.
Na rolda de prensa, Xoán Costa fixo balance tamén das concentracións que, de xeito simultáneo, se realizaron na tardiña do 8 de maio nas cidades e en diferentes vilas galegas e referiuse  tamén ao éxito da folga de estudantes do 10 de maio convocada polos Comités, Galiza Nova e a Liga de Estudantes –organizacións integradas na Plataforma- e das manifestacións deste día nas que participaron máis de 10.000 persoas.
O representante da Plataforma insistiu na importancia de continuar mobilizándose co ánimo de esixirlle á Xunta de Galiza, que é a que ten as competencias educativas, que non aplique o RD Lei 14/2012 e que o recorra para así frear máis recortes no ensino público. Á rolda de prensa, celebrada hoxe, asistiron representantes da Federación de ANPAS de Santiago e Lugo (FAPACEL), AS-PG, CIG-Ensino, os Comités, a Liga de Estudantes, Galiza Nova, o BNG e o  Sindicato de Estudantes.  E escusaron a súa ausencia a Federación de ANPAS de Ferrol (FEANPAS).

Santiago, 30 de Maio de 2012


AUTOBUSES A SANTIAGO

Adxuntamos os datos de contacto das dúas plataformas convocantes por si vos interesa asistir á manifestación de Compostela dende Ferrol en autobús.

1) PLATAFORMA GALEGA DEFENSA ENSINO PÚBLICO.
Autobuses ( 7€ persoa).
Sae ás 10:00 e regresa ás 14:00 horas.
Contactar co sindicato CIG en  981358750

2) PLATAFORMA POLA SANIDADE PÚBLICA:
Haberá servizo de autobuses con saída do Monumento ao 10 de Marzo no Pilar ás 10 da mañá, parando en Caranza e Fene . O prezo son 7 euros e cada entidade debe anotar ás persoas que van a ir e trasladarllo a Luís: 654782028 ou Ana: 647938026antes do venres ás 12 do mediodía.


Fírma, difunde. Non ao desmantelamento do ensino público.

 TU FIRMA ES IMPORTANTE!!!
SUSCRIBE EL MANIFIESTO CONTRA LOS RECORTES EN EDUCACIÓN
EL FUTURO DE LA EDUCACIÓN ESTÁ EN JUEGO.  ACTÚA!! 
TÚ TAMBIÉN PUEDES AYUDAR.
Desde el 15 de mayo llevamos más de 28.000 firmas.. tenemos el reto de alcanzar a finales de junio las 100.000 firmas..
DIFÚNDELO A TODOS TUS CONTACTOS!!
 Para acceder pincha en


mércores, 30 de maio de 2012

V MILLA URBANA "ARMADA ESPAÑOLA"




Domingo 3 de xuño.
Horario: de 11:00 ás 13.00 horas.
Escuela de Especialidades de la Armada “Antonio de Escaño” en Ferrol.
Preme aquí para a Inscripción




luns, 28 de maio de 2012


ASAMBLEA  XERAL  EXTRAORDINARIA  SOCI@S  " ANPA RECIMIL "

Comunícase @s soci@s da Anpa Recimil a convocatoria dunha Asamblea Extraordinaria que terá lugar o vindeiro mércores día 30 de maio ás 15:45h, en primeira convocatoria, e ás 16:15h en segunda convocatoria.

Lugar de celebración: aula de música.

      ORDE DE DÍA:

1.Lectura e aprobación, se procede, da acta da anterior Asamblea Extraordinaria .
2.Estado de contas.
3.Cambios na Xunta Directiva cara ó vindeiro curso.
4.Información sobre actividades extraescolares curso 2012-13.
5.Información sobre as obras previstas para a reparación do cole.
6.Actividades da Anpa.
7.Rogos e preguntas.


xoves, 24 de maio de 2012

Deixámosvos este video en defensa do ensino público, co apoio de figuras destacadas da nosa sociedade




Aquí tamén unha ligazón a un interesantísimo audio dun programa en radio 3 sobre os recortes no ensino público   http://www.rtve.es/alacarta/audios/carne-cruda/carne-cruda-aulas-calles-22-05-12/1417017/



ALÍ ESTIVEMOS ... 
No peche da noite do martes 15 de maio no IES Concepción Arenal de Ferrol.

Luns 21 de maio no IES Sofía Casanova de Ferrol ,  concentración de loito  ás 23 h da noite en protesta contra os recortes na educación pública. 
























...  E SEGUIREMOS ESTANDO



luns, 21 de maio de 2012

CARREIRA ESCOLAR ENSANCHE “A” 



Informámosvos que está aberto o prazo para inscribirse na CARREIRA ESCOLAR ENSANCHE “A” , que se celebrará o vindeiro 27 de maio, nas proximidades do Centro Cultural Carvalho Calero, a partir das 11:00 h.

Poderedes anotarvos os días 22 e 23 de maio, no local da ANPA, dende as 9:15 ás 9:45h. A entrega dos dorsais, farase o venres 25 de maio, despois da entada dos nenos no cole. A ANPA, non se fará responsable de levar á carreira, os dorsais que non sexan recollidos o venres no cole.

NOTA: os que non lles veña ven anotarse no local da ANPA, poderán ir directamente á secretaría da Asociación de Veciños do Ensanche A (situada no porpio Centro Cultural Carvalho Calero) ata o día 25 de maio ás 18:00 h, e preguntar alí, como e cando recollerán os seus dorsais.



 PRÓXIMAS MOBILIZACIÓNS

Por un ensino público de calidade que garanta o noso futuro ante a crise


MANIFESTACIÓN en Ferrol
22 de maio ás 20 horas
Saída do Edificio Adm. da Xunta


Este luns 21 de maio no IES Sofía Casanova de Ferrol faremos unha concentración de loito  ás 23 h da noite en protesta contra os recortes na educación pública. Podedes traer unha vela como xesto testimonial.

Grazas



xoves, 10 de maio de 2012

mércores, 9 de maio de 2012

CONTINÚAN AS MOBILIZACIÓNS CONTRA OS RECORTES NO ENSINO PÚBLICO

     Como sabedes, o martes 8 de maio ás 19:30 h. celebrouse a primeira das mobilizacións contra os recortes no ensino público convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (na que estamos integrados como membros da  Federación de ANPAS de Ferrolterra).  Diario de Ferrol
   A seguinte mobilización proposta consite en PECHARSE NUN CENTRO EDUCATIVO. Acordouse que este peche se realizará O PRÓXIMO MARTES DÍA 15 DESTE MES NO IES CONCEPCIÓN ARENAL, e o horario do peche será DENDE AS 16:00 H ATE AS 08:00 H DO DÍA 16. Como podedes supoñer e imprescindible a máxima participación para acadar o éxito na mobilización.
     Polo tanto, e para garantizar un mínimo de participantes durante todo o peche, solicitamos que se poñan en contacto coa ANPA as persoas que están dispostas a aisitir e as horas que teñen dispoñibles (as que se podan), deste xeito entre todas/os poderemos coordinar a participación de xeito que, co menor esforzo posible, obteñamos a máxima participación.Vos pedimos que vos poñades en contacto coa ANPA, ANTES DO VENRES DÍA 11
     Temos que ser conscientes do que realmente nos estamos a xogar, se non hai participación nas mobilizacións, quenes nos gobernan suporán que estamos dacordo coas políticas que impoñen, así que continuarán recortando nos servizos públicos.

luns, 7 de maio de 2012

                I CONCURSO DE DEBUXO “CARMEN MARTÍN”

                          Tema:  Ilustra o teu conto favorito


                      Detalle da Biblioteca Máxica.  Carmen Martín

Este certame pretende ser unha pequena homenaxe a Carmen Martín, autora do marabilloso mural “A Biblioteca Máxica”, onde os personaxes dos contos cobran vida, convidándonos a soñar espertos, e enchen de cor e alegría a parede exterior da biblioteca do noso cole.
Queremos así agradecerlle a súa xenerosidade por este fermoso regalo.

Preme aquí para ver as BASES DO CONCURSO 



sábado, 5 de maio de 2012

POLA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO ¡NON AOS RECORTES! 


  A PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO, plataforma na que estamos integrados como membros da Federación de ANPAS de Ferrolterra, CONVOCA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA A UNHA CONCENTRACIÓN O MARTES DÍA 8 ÁS 19:30 H. FRONTE AO EDIFICIO DA XUNTA DE GALIZA NA PRAZA DE ESPAÑA DE FERROL (a concentración celebrarase conxuntamente con outras once cidades galegas).

Parécenos  fundamental a participación se queremos, cando menos, manter o pouco que temos e que conseguimos con moito esforzo.

     A concentración estará presidida por unha pancarta sen siglas e coa lenda:
POLA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO ¡NON AOS RECORTES!
PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO.

venres, 4 de maio de 2012


XII Milla Escolar Colexio LA SALLE


O vindeiro sábado 12 de maio ás 10:30, celebrarase a XII Milla Escolar do colexio La Salle. Os interesados en participar poderanse anotar o luns 7 e o martes 8 no local da ANPA de 9:15 a 9:45. Os dorsais entregaranse o venres 11 despois da entrada dos nenos/as no colexio. 
As prediccións meteorolóxicas parecen boas!! PARTICIPADE !!
A Biblioteca Máxicao magnífico agasallo que a pintora Carmen  Martín nos  deixou nas paredes do colexio hai xa tres anos. Temos a sorte de podelo admirar cada vez que imos ao local da ANPA ou á Biblioteca. Animádevos a visitalo.


Detalle da Biblioteca Máxica. Abaixo, coa porta blanca, o local da nosa ANPA
Interesante documento sobre os riscos no uso da rede (tuenti, twitter, facebook, acoso, sexting, etc) polos menores. Ante o descoñecemento xeral de casi todos convén informarse adecuadamente. 
Los Riesgos de La Red