venres, 23 de novembro de 2012

CONSELLOS ESCOLARES

Moitas grazas a todas e todos os candidatos para as eleccións ao consello escolar do vindeiro martes 27 de novembro. Agora é importantísimo que enchamos as urnas o próximo martes 27 para que os nosos representantes teñan ese respaldo e exerzan despois esa responsabilidade que os pais e nais lles imos otorgar.
Ollade este video sobre a importancia dos consellos escolares. Lamentablemente a lei WERT quere limitar a participación do profesorado e das familias na Educación ao relegar aos Consellos Escloares a un papel meramente consultivo. Pero de momento, ...


xoves, 22 de novembro de 2012

FOLGA XERAL 14 NOVEMBRO 2012


Unha vez máis a nosa pancarta estivo ahí ...


Se ainda non a levaches, esperámoste. 


mércores, 7 de novembro de 2012

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR: 
Representantes de pais/nais de alumnos

Nas próximas semanas vaise renovar parte da composición do Consello Escolar. Neste curso compre facer unha renovación no sector de pais/nais de alumnos/as. Calqueira pai/nai que teña ó seu fillo no colexio poderá presentarse para ser elexido. 
Facemos un chamamento ás familias para que se conciencien do importante que é formar parte deste órgano. ANIMÁDEVOS!!



  •  Prazo de presentación de candidaturas:
       Do martes 6 ao luns 12 de novembro
  • Votación:    
      Martes 27 de novembro: 9:10 - 10:30  e  16:15 - 17:30  


INFORMACIÓN DO CEIP "RECIMIL"
Preme aquí:  páxina 1
                      páxina 2




  Como xa veríades na circular do 6 de novembro, está convocada a primeira asamblea de soci@s da ANPA do presente curso 2012-2013.

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA SOCI@S 
ANPA RECIMIL

MARTES 13 NOVEMBRO,  ás 15:45 en 1ª convocatoria, e ás 16:15 en 2ª convocatoria.

ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta da anterior Asamblea  Xeral Ordinaria.
2. Estado de contas
3. Renovación da Xunta Directiva.
4. Información sobre comedor escolar e actividades extraescolares e obras de mellora realizadas no centro.
5. Actos sociais da Anpa.
6. Eleccións ó Consello Escolar.
7. Rogos e preguntas.

NOTA: Polo interese dos temas a tratar sería importante que acudísedes o maior número de pais/nais polible, aínda que non sexades soci@s da ANPA.