luns, 18 de febreiro de 2013


Estamos invitad@s á ...

CHARLA PARA PAIS E NAIS SOBRE "ACOSO ESCOLAR"  

I.E.SFERROL VELLO


Bérranme ou berran, fanme xestos de burla, métense comigo, acúsanme de cousas que non dixen ou fixo, insúltanme, rinse de min se me equivoco, chámanme por alcumes, non me deixan xogar, empúrranme, non me falan, esíxenme que lles de diñeiro, me ameazan con pegarme...

Se isto ou outras cousas están a acontecer ou aconteceron con frecuencia, é moi probable que se sexa unha vítima dunha situación de acoso escolar.

Se es unha vítima de acoso escolar, ou es pai ou nai e temes que o teu fillo poida estar a sufrilo, ou sospeitas que alguén o sufra ven á nosa charla sobre el


ACOSO E VIOLENCIA ESCOLAR

Esta na man de todos poñerlle remedio se algo está a pasar ou queremos previlo.
Cremos que é un tema moi interesante e que se está a dar con mais frecuencia do que creemos, moitos nenos/ás prefiren calar e sufrilo en silencio pois son ameazados/ás con que se din algo lles pegarán ou outro tipo de ameazas, os nenos/ás encóntranse cos seus agresores en todos lados do colexio ou fóra del e vense indefensos e illados sen saber que facer, xa que os acosadores polo xeral adoitan estar en cuadrillas e se cobren entre eles, acusando a vítima de ser ela a culpable da situación.

Se queres estar informado de como recoñecer os síntomas de ACOSO ESCOLAR e poñerlle remedio, invitámoste á charla que terá lugar na biblioteca do I.E.SFERROL VELLO.

Este Mércores día 20 do mes de febreiro las16:30 h
A charla será impartida pola Policía Nacional de Ferrol Narón.


SÓ PARA PAIS E NAIS
(Pola amplitude dos temas a tratar)

Esperámosvos




PASÁMOLO PIPA NO FESTIVAL DO ENTROIDO !!

     Moitas grazas a tod@s pola asistencia ao festival e pola
participación na festa, pola axuda para que todo saíra ben,  polas estupendas merendas, polos disfraces, polo bó humor, polo baile,  .... Grazas tamén ás animadoras que tiveron  aos rapaces bailando e xogando.  E parabéns aos afortunados nos sorteos. E qué sorte tivemos co tempo! A festa va a máis pola contribución de tod@s. Xa veredes o ano que ven!! 

Ahí vos deixamos un par de fotos. 





martes, 5 de febreiro de 2013

A LOMCE

O catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade da Coruña, Jurjo Torres Santomé, expón neste video  a realidade do que se pretende con esta ley. Buscade un ratiño e ollade...


luns, 4 de febreiro de 2013


Cuestionados los supuestos malos datos españoles del informe Pisa

Catedrático de Medición y Evaluación Educativas del departamento MIDE en la Universitat de València, Jesús Jornet es una voz discordante con la “opinión generalizada” y pesimista según la cual los españoles quedan malparados en el informe PISA de la OCDE, que la nueva ley de educación (Lomce) usa como argumento en su preámbulo y justificación... Leer máis




CUESTIÓN DE EDUCACIÓN 

Deixámosvos o enlace ao programa emitido pola sexta o pasado 3 de febreiro sobre a Educación en Finlandia, a NBA da educación. Ollade e comparade... 

Preme aquí para ver o video