luns, 11 de novembro de 2013

Ainda que con retraso, esta foi a nota de prensa sobre a asamblea da Federación de Anpas de Centros Públicos de Ferrolterra, que tivo lugar o pasado 30 de outubro.
 
Diario de Ferrol
 

Reclaman a presenza de policía local na entrada e salida dos colexios.

REDACCIÓN FERROL |
Actualizado 01 Noviembre 2013 -
 
                               
 
 
 
 

Un momento de la asamblea celebrada en la tarde del miércoles      J.M.
                                                   .
.Un momento da asemblea celebrada na tarde do mércores J.M.

A Federación de Anpas de Centros Públicos de Ferrolterra acordou na súa asemblea xeral denunciar a ausencia de policías locais ás entradas e saídas dos colexios. A reunión serviu tamén para abordar outros asuntos relacionados co inicio do novo ano escolar, entre os que se inclúe unha crítica expresa aos recortes de profesorado de apoio que sufriron o CEIP Recimil, Manuel Masdías e San Xoán.

 A Federación, que agrupa a once asociacións de pais de alumnos doutros tantos colexios públicos da comarca, deixa constar na acta da asemblea a súa felicitación polo seguimento que tivo a xornada de folga contra a nova lei educativa promovida polo ministro Wert, a Lomce, valorando especialmente a unidade de acción conseguida en Ferrol.
A entidade subliña que foi a única cidade de Galicia na que se deu esta circunstancia e agradece tamén expresamente a implicación dos traballadores de Navantia "cos que compartimos a preocupación polo futuro". A Federación require que se manteña esa unidade de acción "como algo xa irrenunciable ante a situación de recortes e ataques continuos ao ensino público galego".

Tamén acordaron as Anpas participar coa Plataforma Galega de Ensino Público no recurso contencioso administrativo en contra do novo decreto de comedores escolares, por entender que "non atende ás necesidades da cidadanía". A entidade prevé, ademais, organizar accións contra o devandito decreto.

 Na reunión informouse da constitución dunha nova confederación, Anpas Galegas, que en breve se presentará publicamente e acordouse proceder a finais de novembro ou comezos de decembro á renovación do propio equipo directivo.
 A Federación, por último, expresou a súa felicitación ao CEIP San Xoán de Ferrol polo premio -Especial do Mestre 2013-   que gañou polo seu traballo relacionado co cinema

Diario de Ferrol.-
Traducido ANPA,s.-

Por si alguén se quere dar unha volta por Santiago de Compostela o vindeiro sábado 16 de novembro ...


XII Xornada de nais e pais educando en igualdade. Cidadanía e convivencia dixital


Para máis información preme na seguinte ligazón:

http://igualdade.xunta.es/gl/eventos/xii-xornada-de-nais-e-pais-educando-en-igualdade-cidadania-e-convivencia-dixital