luns, 8 de abril de 2013



II CONCURSO DE DEBUXO     
   "CARMEN MARTÍN"  

A miña escola
Por segundo ano convocamos este concurso que como sabedes pretende ser  unha pequena homenaxe a Carmen Martín, autora  do marabilloso mural “A Biblioteca Máxica”, onde os personaxes dos contos cobran vida, convidándonos a soñar espertos, e enchen de cor e alegría a parede exterior da biblioteca do noso cole.
Queremos así agradecerlle a súa xenerosidade por este fermoso regalo.

A estas alturas os debuxos xa estarán feitos e entregados no local da ANPA ou aos titores. Esperamos que sexa, cando menos, un éxito como o ano pasado. Agora a esperar os resultados e recordade que tódolos debuxos terán o seu lugar na exposición nas paredes do colexio. 

Gracias por participar. Estade atentos...



PROXECTO DO DECRETO SOBRE OS COMEDORES ESCOLARES.

Este é o comunicado de prensa que a Federación de A.N.P.As de Centros Públicos de Ferrolterra enviou á prensa, con respecto ás modificaciones no funcionamiento dos comedores escolares  para o vindeiro curso. Veredes o rexeitamento tanto ao que vai ser un empeoramiento da calidade do servicio, como á supresión da gratuidade para os usuarios do transporte escolar. 

PECHES CONTRA A LOMCE

      No mesmo comunicado infórmase da convocatoria de peches contra a LOMCE convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.    
O peche en Ferrol será o xoves 11 de abril entre ás 17:00 e ás 10:00 no CIF Ferrolterra (antiguo IES Marqués de Suanzes)