mércores, 26 de febreiro de 2014

CONFEDERACIÓN DE ANPAS GALEGAS

Deixámosvos o enlace á páxina web de ANPAS GALEGAS da que, como sabedes, formamos parte. Interesante a campaña pola gratudidade dos libros de texto.  E ollade tamén  todo o referente a implantación da Lomce, que é sin dúbida a gran preocupación nestes momentos.  

http://www.anpasgalegas.org/


DESFILE DE COMPARSAS

Saberedes polas circular de hoxe, que mañá xoves 27 realizarase o tradicional desfile de comparsas do cole. E saberedes tamén por outra circular que este ano a nosa ANPA fixo unha contribución económica de 50 euros por ciclo para a confección dos disfraces. Esperamos que salga todo moi ben como soe acontecer. Facede moitas fotos e si tedes algunha especialmente chula, estaremos encantados de publicala. 
Agora só nos queda cruzar os dedos e esperar un día de sol radiante. E pola tarde, vémonos na festa. 

VIVA O ENTROIDO!!

domingo, 23 de febreiro de 2014

                   XA CHEGA O ENTROIDO...           



E CON ÉL ...  A FESTA DA ANPA!!!

XOVES 27 a partir das 16:45


Monitores, merendas, música, baile, sorteo da cesta...
Xa saberedes pola circular, pero por si non a tedes aquí vola adxuntamos de novo:


Ola de novo a tod@s!!!
Querémosvos adiantar o seguinte:
- Temos preparada a chegada do Antroido. Será o próximo xoves 27 a partir das 16:45 horas no ximnasio e no patio do Colexio (se o tempo o permite).
- Suspenderánse as actividades extraescolares dese día.
- Será unha festa onde desexamos que @s tod@s veñan disfrazad@s. Haberá música e animadores para bailar, cantar...para pasalo ben, en definitiva.
- Pedimos a vosa colaboración, traendo doces típicos destas datas, que sirvan de merenda para @s nen@s que asistan. Animamos a aqueles que coñezan postres doutras zonas e países nos sorprendades cos doces doutras culturas, aproveitando o tema da “convivencia” deste curso.

Podedes pasar polo local da Anpa e tomaremos nota do que queirades  traer (en horario de manás de 9:15 a 9:45 ) ou se non podedes nese horario, facilitámosvos un móvil ó que poderedes chamar ou enviar un sms.
(poderédesvos anotar ata o xoves pola mañá ). Móvil 651697653
Poderanse traer as merendas o xoves pola mañá en horario de Anpa, ou se non, xa tería que ser o mesmo xoves á entrada do festival. Tanto soci@s como non soci@s poderán traer doces e fárase o sorteo dunha cesta de Antroido entre a xente que traia postres.
-Recórdase que os nen@s deberán vir acompañados por un adulto.
- @s non soci@s deberán aboar 1 €/persoa

                                               NOTA: Animamos a que os maiores tamén veñades disfrazados.
                                                Grazas e esperamos pasar unha tarde divertida!!!!



ENTRADAS PARA O FESTIVAL DO ANTROIDO (27 febreiro)


Para axilizar o acceso á festa, este ano tedes a opción de mercar as entradas por adiantado.
Poderedes adquirir as entradas para a festa na secretaría do cole o luns 24, martes 25 e mércores 26.
Os soci@s recollerán as entradas de balde e os non soci@s deberán pagar 1 euro por persoa.




PARABÉNS

 Parabéns a nosa compañeira da Anpa, Patri, pola súa incorporación á directiva da Federación de Anpas de Ferrolterra. Nunca nos cansamos de agradecerlle o suficiente a súa dedicación e esforzo a esta ANPA. E aproveitamos para facer un chamamento a colaboración e implicación de máis familias para que esto non se veña abaixo. Gracias de novo Patri!!!



PRÉSTAMO DE LIBROS 

Cobertura da campaña  pola volta ao préstamo de libros publicada no Diario de Ferrol o pasado 18 de Febreiro






RECLAMACIÓN A INSPECCIÓN

 O pasado 7 de febreiro esta ANPA, acompañada do presidente da Federación de Anpas Javier Sánchez,  reuníuse coa inspectora  para amosar a nosa preocupación pola insuficiente dotación de profesorado de apoio xa dende o principio do presente curso. Esta situación, ademáis,  veuse incrementada recentemente pola incorporación ao centro dun grupo grande de alumnado, proveniente en moitos casos de situacións sociais desfavorecidas e con grandes necesidades educativas especiais. 

Presentamos un escrito  demandando que se tivera en conta a situación especial deste centro e para que se tomasen medidas inmediatas que incluíran a dotación dos recursos humáns necesarios para evitar o deterioro deste colexio.

 Por outra banda, a dirección do colexio dirixírase tamén polo mesmo motivo á inspectora. 

  Como resultado, informámosvos de que conseguíuse polo menos un profesor máis de apoio a media xornada, o sexa "medio" profesor/a. Valoramos positivamente este incremento, ainda que non estamos de todo satisfeitos pois pensamos que "medio" profesor non é suficiente, por non mencionar o feito de que xa temos "tres medios" profesores que non é o mesmo que 2 profesores ou tan sequera 1 profesor e medio, por moitas matemáticas que nos ensinaran no cole. En fin...

  Pois eso, "medio" satisfeitos e vixiantes. A ver ...



martes, 4 de febreiro de 2014

REMATA A ESCOLA DE SAÚDE PARA FAMILIAS NO CEIP RECIMIL

O pasado mércores  29 de xaneiro, despedíamos os talleres para nais e pais organizados pola asociación ASFEDRO. O tema fundamental destes talleres foi a prevención das drogodependencias e outras adiccións, como as relacionadas coas novas tecnoloxías.
Como conclusión, falábamos de NON PREOCUPARSE SENÓN DE OCUPARSE. Pois é nestas edades previas a adolescencia, cando estamos no tempo de  fomentar nos nosos fillos e fillas o sentido da responsabilidade, o autocontrol e a tolerancia á frustración, e de ahí a importancia da existencia de normas e límites na familia, de establecer vías de comunicación, de compartir experiencias. 
Quedáronsenos as xornadas cortas pola intensidade dos temas a tratar. Esperamos que a experiencia volva a repetirse e poder contar con máis familias. Moi recomendable. 
Deixámovos algunhas ligazóns moi interesantes. Tamén temos no local material fotocopiable. 
Sobre drogas:
E sobre as TIC, Tecnoloxías da Información e Comunicación: