domingo, 22 de xuño de 2014




Na ligazón de abaixo, atoparedes información relativa a: 


  • MEMORIA DE ACTIVIDADES ANPA 2013-14


  • BENVIDA ÁS NOVAS FAMILIAS PARA O CURSO 2014-15


  • ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CONCELLO NO CEIP RECIMIL - CURSO 14-15



Preme aquí para acceder a esa información. 




A.N.P.A. " RECIMIL "                                                                                        
Xuño 2014

CAMPAÑA  DE PRÉSTAMO-RECEPCIÓN LIBROS ENTRE FAMILIAS

Esta campaña vai dirixida ós alumnos que pasarán no vindeiro curso 2014-15 para : 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
 "Animámosvos a todos a que participedes nesta campaña que pretende aliviar a economía das familias nun momento tan díficil como é afrontar tódolos gastos do inicio de curso"

TODA FAMILIA QUE QUEIRA PARTICIPAR DEBERÁ ENTREGAR CUBERTO O RESGARDO QUE APARECE Ó FINAL DA CIRCULAR E ENTREGALO XUNTO COS LIBROS PRESTADOS POLA  ANPA O ÚLTIMO DÍA DE CLASE NO PUPITRE  !!!

PEDIMOS ÁS FAMILIAS  DOS NEN@S QUE TERMINAN SEXTO, que altruistamente, doen os seus libros que poderán ser reutilizados para os nen@s de quinto que cursarán sexto o vindeio curso 2014-15.

NOTA: LEMBRADE QUE ESTE ANO, OS LIBROS de 3º e 4º  VIÑAN DIVIDIDOS POR TRIMESTRES E DEBEREDES ENTREGALOS TODOS XUNTOS !!!

Para participar no servizo de préstamo de libros seguiremos a seguinte preferencia :
1 º  Soci@s da Anpa ( os que non sexan soci@s da anpa , poderán facerse no momento de vir recoller os libros )
2 º  Familias doantes de libros

Hai que ter en conta que o máis probable, é que non se reciba o mesmo número de libros que se deixen en préstamo  (esto vai depender da cantidade de libros dos que dispoñamos )  e que o seu estado vai depender dos anos que leven en uso.

¿¿ CANDO PODEDES RECOLLER OS LIBROS ??

MARTES 24 de xuño :  SOCI@S da Anpa de 10:30 h a 12:30 h  ( para recoller libros de 3º,4º, 5º e 6º ). E non soci@s ,pola tarde de 16:00 h a 17:00 h para os nen@s de 3º e 4º.

MÉRCORES 25 de xuño  :   Non soci@s de  5º e 6º curso de 10:30 h a 12:30 h

---------------------------------------------------------------------------------------------------------
RESGARDO A ENTREGAR CUBERTO  
 ( cubrilo e deixalo xunto cos libros no pupitre o venres día 20 de xuño )

ALUMN@ E CURSO ACTUAL:                      Nº TELEFONO :

NOME PAI/NAI/TITOR:

¿QUERE RECIBIR LIBROS?:                      ¿ SOCI@ DA ANPA ?   

                             FIRMA DO TITOR/A  



luns, 16 de xuño de 2014

Vacacións escolares e conciliación 

Aquí tedes algunhas propostas. Prema na ligazón:

http://www.ferrol360.es/carino-que-hacemos-este-verano-con-los-ninos/


Campamentos urbáns Concello Ferrol 2014



Informámosvos que está aberto o prazo para inscribirse nos campamentos urbáns de verán do Concello. 

Para máis información achegádevos ata a Consellería de Igualdade e Xuventude, rúa Lugo 56 ou  chamade ó teléfono 981944240

Lugar de inscrición: Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, luns a venres de 9:00 á 14:00 e sábados de 10:00 á 13:00 horas.

Atención ao prazo: martes 10 de xuño ao luns 23 de xuño


xoves, 12 de xuño de 2014

XORNADA DE CONVIVENCIA DA ANPA

Lembrade que este sábado 14 é a nosa convivencia!

Haberá que estar na Asociación de Veciños de Esmelle ás 10:30 ( pedimos puntualidade por favor). 


Unha vez estemos tod@s, comezará a Ruta guiada polos Muíños. Á volta, xantaremos todos xuntos no local da Asociación. Haberá empanada, tortilla, croquetas e ensaladilla. 

Pagarase a cantidade de 2 euros por persoa.

Un saúdo e esperamos pasalo moi ben!!!



mércores, 11 de xuño de 2014

Xoves 12 de xuño ás 16:30 horas, concentración diante da sede do Consello Escolar de Galiza (Rúa San Roque, 2, Santiago de Compostela)

A Plataforma Galega en defensa do Ensino Público, da que esta ANPA forma parte , ten convocada una concentración para esixir a non aplicación da LOMCE


Este é o comunicado de prensa: 

PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO 


A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca
unha concentración diante da sede do Consello Escolar de
Galiza para reclamar a paralización dos currículos da LOMCE


A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca este xoves
12 de xuño unha concentración diante da sede do Consello Escolar de
Galiza, ás 16:30 h.


Ese día está prevista a reunión do Consello para tratar o currículo da FP Básica
que o Goberno prevé implantar o vindeiro curso escolar. A Plataforma
concéntrase para expresar a súa oposición á LOMCE e esixir a paralización da
súa aplicación, en concreto dos currículos das etapas que pretenden que
entren en vigor o vindeiro curso escolar: FP Básica e primaria, pois estamos
ante uns currículos baseados en principios mercantilistas e academicistas, que
se afastan da nosa realidade cultural e histórica, impregnados de ideoloxía
neoliberal, dos que se desterra a educación en valores, se profunda na
confesionalidade do ensino e se pretende ateigar o alumnado de contidos
inalcanzábeis.

Desde a Plataforma Galega en defensa do Ensino Público valoramos que a
Consellaría está actuando con precipitación e improvisación, para pregarse aos
ditados do Goberno central. A Plataforma Galega que demanda que non se
aplique a LOMCE en Galiza, considera que nas datas actuais só cabe o
adiamento destes proxectos de decreto, pois moi dificilmente van estar
preparados para seren utilizados polo profesorado no inicio do curso, momento
en que teñen que elaborar as programacións.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público está integrada pola AS-PG,
CIG-Ensino, Comités, Liga Estudantil Galega, Federación Provincial de ANPA
de Lugo (FAPACEL), Federación de ANPA de Compostela, Federación de
ANPA da Costa da Morte, a Federación de ANPA de Ferrolterra (FEANPAS),
Movemento Dezao en Defensa do Ensino Público, Agir, Sindicato de
Estudantes, BNG, Galiza Nova e a Federación de ANPA de Ponteareas
(FANPO).

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2014


luns, 9 de xuño de 2014


XOGOS POPULARES SOLIDARIOS COS NEN@S SAHARAUIS NO CEIP RECIMIL

Lamentamos ter que suspender os xogos previstos para mañá martes día 10 debido o escaso número de inscricións.

Agradecemos a todos aqueles que estiveron dispostos a participar. Quizás noutra ocasión. 

Saúdos

ANPA CEIP RECIMIL

mércores, 4 de xuño de 2014

XORNADA DE CONVIVENCIA SOCI@S E AMIG@S DA ANPA



O vindeiro día 14 de xuño temos prevista unha visita guiada ós Muiños de Esmelle. Despois de facer a visita, xantaremos no local da asociación veciñal de Esmelle. 
Os interesados deberedes pasar polo local da Anpa ou mandar un correo electrónico dende o mércores 4 de xuño ata o mércores 11 de xuño. Deberase indicar O NOME DO SOCI@ E O Nº DE ASISTENTES. (Por motivos de organización, despois desta data non se poderá anotar ninguén)
En breve enviaremos circular con información máis precisa. 
Veñá, animádevos!!!

XOGOS POPULARES SOLIDARIOS COS NEN@S SAHARAUIS NO CEIP RECIMIL

Vide a xogar o martes 10 de xuño ás 17:00
Aquí tedes de novo a circular