venres, 26 de xuño de 2015


Festival fin de curso 2014/2015

Dende a ANPA queremos felicitar a alumnos, profesores, dirección e persoal do centro implicado, polo magnífico festival de fin de curso do que puidemos disfrutar o pasado venres 19. Imaxinamos o esforzo que supuxo a organización dun acto deste tipo, así como todo o tempo e traballo invertido na preparación i ensaios das diferentes actuacións.
O noso agradecemento e recoñecemento tamén as duas profesoras, Cuca e Patricia, que rematan a súa etapa no noso colexo e que recibiron unha merecida homenaxe no festival: grazas pola vosa adicación, cariño e contribución á educación e á felicidade de tantos nenos e nenas.
Días coma este reafírmannos na nosa idea de que estamos no mellor colexio do mundo!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

martes, 23 de xuño de 2015

Convivencia de socios da ANPA.

O pasado domingo 21 celebramos a tradicional convivencia que esta ANPA organiza para os seus socios, unha vez rematado o curso 2014/2015. Xuntámonos no merendeiro A Granxa de San Sadurniño,  unha pequena representación de nais, pais e alumnos do CEIP Recimil, e compartimos xantar, faladoiro, xogos, risas, paseos e mergullos no río. Gozamos dunha xornada moi agradable e divertida.
Os nosos compañeiros do ANPA saínte aproveitaron a ocasión para facer un simbólico e divertido "traspaso de poderes"; agradecemos de corazón os seus regalos e moi en especial as súas mensaxes de ánimo.




venres, 19 de xuño de 2015

Comunicado sobre o Fondo Solidario de libros.


Como saberedes, a Federación de Anpas de Ferrolterra e moitas outras Anpas Galegas, levamos xa tempo reclamando a volta ao sistema de préstamo universal de libros de texto, de maneira que  todo o alumnado galego teña dereito a ese material de forma gratuita, sistema que funcionaba moi ben e ademáis era máis barato. Ante o comenzo do que a consellería deu en chamar “fondo solidario” onde só uns poucos accederán aos libros, libros non adaptados á LOMCE, lotes de libros incompletos, etc, as ANPAS propoñen como medida de presión, non comprar nada e empezar o curso en setembro sen libros. Esta ANPA respalda esta proposta e ademáis non xestionará ningún banco de libros tal e como pretende a consellería.

Por outra banda, sí recomendamos facer a solicitude do fondo solidario antes do 30 de xuño.

xoves, 18 de xuño de 2015

DESPEDIDA...

   E xa a piques de rematar un curso máis, esta ANPA fai unha despedida especial porque, como xa saberedes, dámoslle paso a un novo grupo de familias que con moita ilusión, tomará as riendas da directiva de esta asociación. Como imos seguir no colexio, estaremos ahí para colaborar e para o que faga falta. Seguimos pensando que é de vital importancia a implicación das familias na vida escolar e dámoslles as gracias a todos e todas os que ahí estivesteis colaborando así como ós novos e novas que empezades a facelo. Animamos ás familias a participar,  non só por repartir o traballo como pola satisfación que esa implicación supón. 
Esperamos veros na xornada de convivencia do vindeiro domingo 21

Unha forte aperta
A xunta directiva da ANPA      



Por se non vos chegou a circular de onte ou non a atopades, aquí a tedes para lembraros a importancia de asistir a estes dous importantes eventos: 


CHARLA INFORMATIVA LIBROS DE TEXTO

Convocamos a todas as familias á próxima Charla sobre o sistema de axudas dos libros de texto. Contaremos coa participación do presidente da Federación de Anpas de Ferrolterra Xabier Sanchez. Tentaremos aclarar todas as dúbidas que poidades ter, é moi importante a asistencia de todos para conseguir un sistema gratuito e universal de libros de texto. CHARLA XOVES 18 xuño ás 16 horas.

Convivencia da ANPA

 Invitamos aos todas as familias socias da ANPA a pasar un bonito día todos xuntos. O próximo domingo 21 de xuño no merendeiro A GRANXA en San Sadurniño. Xuntámonos ás 12 horas e cada familia levará o seu xantar. As xornadas de Convivencia enriquecen a formación en valores de todos por eso fagamos un esforzo por asistir.

Aproveitaremos a xornada para facer unha bonita benvida á nova ANPA!!!


xoves, 11 de xuño de 2015

ENTREGA DE PREMIOS DO
IV   CERTAME DE DEBUXO
"CARMEN MARTIN " 2014-15

O mércores 10 de xuño tivo lugar a entrega de premios ós gañadores do certame de debuxo deste ano. Todos os galardoados recibiron un diploma acreditativo, ademais dun chandal do colexio para os primeiros premios e unha cunca decorada con motivos do mural de Carmen Martín para os segundos e terceiros.
Os nosos parabéns a todos os artistas participantes.

Podedes visitar a galería de imaxes da entrega facendo clic na fotografía.

Gañadores IV Certame Carne Martín