domingo, 13 de decembro de 2015

A FOTO "OFICIAL"

Por petición popular, aquí vos presentamos a foto de familia da nosa Xunta Directiva.

martes, 8 de decembro de 2015

PREPARANDO A FESTA DE NADAL 2015


O 2015 está chegando ao seu fin e dende a ANPA queremos despedir o ano cunha festa tradicional na que haberá unha representación teatral do conto do Apalpador, xogos tradicionais, obradoiros e música para as familias do CEIP Recimil. A festa terá lugar o VENRES 18, de acordo coas seguintes indicacións:
  • O horario será de 17:00 a 19:00 horas, entrando polo portón traseiro do colexio.
  • Abrirase a porta cada media hora para permitir a entrada/saída dos asistentes.
  • A entrada será de balde para os socios (unha entrada por neno e dúas para adultos acompañantes por familia) e terá un custo de 1€ por persoa para os non socios. Para axilizar o acceso, estas poderán recollerse no local da ANPA (LUNS 14 e XOVES 17 de 9:15 a 9:45 h. ou MÉRCORES 16 de 16:30 a 17:30 h.). De xeito extraordinario, poderanse aboar no momento de acceder ao recinto.
  • Todos os nenos terán que vir acompañados dun adulto responsable.
  • Sortearase unha cesta de nadal: os boletos para participar poderán adquirirse por valor de 1€ na propia festa.

Animámosvos a celebrar xuntos a chegada das vacacións de Nadal!

martes, 1 de decembro de 2015

CONCURSO DE IDEAS PARA o LOGOTIPO da ANPA RECIMIL

Ampliamos o prazo ata finais de xaneiro do 2016!

Co obxecto de deseñar un logotipo para a ANPA Recimil, convocamos este concurso de ideas entre o alumnado do CEIP Recimil e que se rexerá polas seguintes
BASES:
- Poderá participar todo o alumnado do CEIP Recimil, en colaboración coas súas familias.
- O deseño do logotipo presentarase en cartolina branca formato DIN-4, e deberá integrar o texto “ANPA Recimil”.
- O nome, apelidos e curso do participante ten que indicarse no reverso do deseño.
- Os participantes deixarán as súas propostas no local da ANPA (luns e xoves de 9:15 a 9:45 horas).
- O último día de recollida será o martes 15 de decembro.
- O 18 de decembro farase entrega do premio ó gañador.
- O xurado estará formado por un representante da ANPA, un representante dos pais e unha persoa externa ó colexio.
- Para a seleción da idea gañadora o xurado valorará, máis que a calidade artística das propostas, o reflexo de valores relacionados coa participación das familias na educación, en particular os que fagan referencia as características propias do noso centro: a integración, multiculturalidade, defensa do ensino público, etc.
- Baseándose na idea gañadora a ANPA realizará o deseño final do logotipo, coa finalidade de adaptalo ó seu uso: documentación da Asociación, selo, deseño gráfico, produtos pormocionais, etc.
Premio:
Consistirá nun vale de 50 euros para a adquisición de material de papelería e libraría na Libraría Cortizas.
Recibide os nosos mellores saúdos... e sorte!

¡¡Ampliado o prazo de presentación ata o 29 de xaneiro!!

A Xunta Directiva