xoves, 25 de febreiro de 2016

Mensaxe familias- Calidade educativa .-



                               -    Mensaxe positiva e calidade –

-      ANPA CEIP RECIMIL -

 
            A ANPA do CEIP RECIMIL queremos transmitir unha MENSAXE positiva da CALIDADE EDUCATIVA as novas familias que desexen matricularse neste centro Público educativo.
            Salientamos a vocación e entrega educativa do claustro de profesor@s que dá como resultado un alumnado de infantil e primaria de gran nivel e formación, preparado para ingresar coa excelencia calidade educativa nos institutos públicos de secundaria.

            A ANPA recoñece a calidade educativa deste CEIP Recimil, polo que entendemos que as nosas prioridades reivindicativas consisten en colaborar co claustro de profesores e ser esixentes coa Administración pública da Consellería de Educación co obxecto de dispoñer das óptimas condicións de instalacións, medios e persoal educativo.

            Este centro escolar recibe alumnado desta zona educativa dos Ensanches, Inferniño e Ultramar, Recimil, Centro. Este alumnado está conformado por familias de distintas ramas e diversidade profesional como traballadores do naval, privados,  funcionarios defensa, persoal sanidade e ensino, periodistas, autónomos..etc, e familias foráneas cun gran resultado de integración social.

            O Centro conta con servizo de comedor, biblioteca escolar con 3.000 libros e equipamento informático e internet, ximnasio, patio e instalacións deportivas. Actividades extraescolares. Profesorado especializado en Pedagoxía terapéutica, orientadora, música, lingua estranxeira. En definitiva, un centro de referencia en valores democráticos, convivencia, respecto, solidariedade,  paz e fomento da creatividade, participación social..etc.

           
 
  O centro convida as familias a unha xornada de PORTAS ABERTAS o vindeiro martes día 1 de marzo.

          
  Esta Asociación de Nais e Pais de Recimil anima as familias que se acheguen a este CEIP Recimil no convencemento de garantir unha boa calidade escolar para os/as vosas fillas/os e a cobertura desta Anpa na defensa de vosos intereses educativos.

         
                  
 
 
 Ferrol, a 24 de Febreiro de 2016.-

 
       - ANPA RECIMIL.-