Qué é a ANPA?

Respostas a Preguntas Frecuentes sobre a  Asociación

QUE É A ANPA?

É unha asociación sen ánimo de lucro de nais e pais do CEIP RECIMIL cuxos obxectivos, a día de hoxe, son:
Fomentar a participación dos pais na vida do Centro.
Velar porque no noso Centro se cumpran as condicións para unha educación de calidade.
Organizar, colaborar e participar nas actividades propias e extraescolares que axuden ó desenvolvemento dos nosos fillos.

PARA QUE SERVE A ANPA?

Para seguir e propoñer melloras nos servizos do Colexio (actividades, instalacións, etc...), pelexar por unha educación de calidade no noso Centro e canalizar e debater as inquedanzas dos pais de alumnos do Colexio.

QUENES SON “OS DA ANPA”?

Os socios, a Xunta Directiva (Presidente, Secretario, Tesoureiro e Vogais) así coma pais e nais que colaboran a miúdo coa Asociación.

QUE VANTAXES TEÑO SE ME ASOCIO?

Descontos en actividades organizadas pola Asociación.
Participación nas actividades organizadas pola Asociación (convivencia fin de curso, etc...)
Información de actualidade sobre o Colexio e a posibilidade de participar na vida do mesmo.

COMO ME POÑO EN CONTACTO COA  ASOCIACIÓN?

No local da ANPA os Luns e Xoves de 9:15 a 9:45.
Por teléfono no horario de atención descrito anteriormente:  651697653
Por correo electrónico: anparecimil@gmail.com
Podes seguirnos no blog da Anpa: www.anpaceiprecimil.blogspot.com.es

COMO NOS FINANCIAMOS?

Cota dos socios.
Retorno en actividades organizadas pola ANPA.
Subvencións cando se convocan.

PODO ESIXIR ALGO ÓS DA ANPA?

Os membros da Xunta Directiva son pais coma ti, que dedican parte do seu tempo libre a colaborar na Asociación, cada un aportando o que pode. Se ves que algún tema non se menciona ou non che agrada o enfoque que se lle da, só tes que unirte ó grupo e traballar na dirección que penses conveniente coordinándote cos demais.

TEÑEN ALGÚN PRIVILEXIO OS MEMBROS DA XUNTA DIRECTIVA?

Non, só o de traballar pola causa e a información de primeira man que se poida ter en consecuencia e que sempre estaremos gustosos de compartir con quen se achegue a preguntar.

QUE SE PODERÍA FACER NA ANPA SE HOUBESE MÁIS XENTE?

1. Ampliar o horario de atención ó público.
2. Editar boletíns periódicos con información de interese para os pais.
3. Ampliar o foro de debates.
4. Organizar máis festas e actividades.
5. Difundir máis información e con máis asiduidade.
E moitas outras cousas que podes propor ti se te unes ó grupo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario